InicioPolíticaLara Méndez acusa ao PP de usar á Xunta de forma "partidista"...

Lara Méndez acusa ao PP de usar á Xunta de forma “partidista” para rexeitar a zona pública de baño no Miño

"É inadmisible esta situación, polo que lle esixo ao PP que deixe de utilizar unha institución para sacar rédito político", di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou este xoves o Partido Popular de “utilizar” a Xunta para “obter un rédito partidista”, co “rexeitamento” do Goberno galego ao proxecto de zona pública de baño no río Miño.

Méndez cualificou de “inadmisible” o rexeitamento. “Tiñamos o ‘OK’ da Xunta de Galicia para a localización da zona de baño e as alternativas propostas polo Concello eran alternativas avaladas por informes técnicos, tanto o desprazamento da infraestrutura como o traslado de mexillóns”, asegurou.

E é que esa presenza dunha colonia de mexillóns foi o principal impedimento polo que o Goberno galego non validou a nova localización que expuña o Concello de Lugo, moi preto da rotonda da Nacional VI con Alfonso X El Sabio.

A alcaldesa incidiu en que “agora para non contradicirse, noutra última volta de torca da Xunta de Galicia, está a verse unha situación con ese arranxo do caneiro (de Acea de Olga), que non hai posibilidades de cambio de localización, e a única opción é o traslado dos mexillóns”.

“Os mexillóns hoxe están nun sitio, e mañá están noutro porque son seres vivos e desprázanse. Pódese ser sustentable facendo un traslado dos mexillóns e reitero, o arranxo do caneiro só pasa polo traslado”, engadiu.

“Ponse en risco o caudal do río, ponse en risco as actividades acuáticas, ponse en risco un deporte que nos deu tantas alegrías, con medallistas olímpicos que non poden practicar este deporte”, manifestou, en relación ao piragüismo, a conta do caneiro de Acea de Olga.

“Toda a vida arranxáronse os caneiros, toda a vida houbo fauna e flora no fluvial e seguirá habendo. Temos que ser respectuosos medioambientalmente, pero temos que ser tamén rigorosos á hora de manter un elemento etnográfico e que afecta a moitos veciños. É inadmisible esta situación, polo que lle esixo ao PP que deixe de utilizar unha institución para sacar rédito político“, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...