InicioSociedadeA Audiencia de Lugo absolve un acusado de violación por falta de...

A Audiencia de Lugo absolve un acusado de violación por falta de probas

A existencia dunha cabicha que presenta ADN da denunciante fai pensar ao tribunal que se produciu un "momento de relax".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu un home acusado dun delito de violación porque considera que non hai probas de que cometese os feitos.

Nun fallo con data do 11 de xullo de 2022, o tribunal lembra que nun delito contra a indemnidad sexual, onde non adoita haber testemuñas, o testemuño da vítima álzase como determinante para alcanzar a convicción condenatoria ou absolutoria por parte da sala. Neste caso, apunta que a denunciante variou a súa declaración sobre cuestións que o tribunal considera determinantes, como a posesión dunha navalla por parte do agresor ou os propios actos de agresión que se desenvolverían no domicilio.

Tamén menciona a sala que, “se a agresión, tal e como refire a denunciante, se produciu xa ao chegar ao piso, onde a conduciu á habitación onde a agrediu, e de aí ao salón, onde repetiu a agresión, se compadece mal coa existencia de polo menos unha cabicha que presenta ADN da denunciante, e que evidencia unha situación, polo menos temporal, de relax”.

Conclúen os maxistrados da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo que “o relato que leva a cabo a denunciante non se mantén uniforme ao longo do tempo, variando no plenario circunstancias que non poden tacharse de accesorias e que fan decaer a contundencia do relato”, o que os leva a alcanzar un pronunciamento absolutorio.

A sentenza é recurrible ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...