InicioCulturaA fonte da Praza do Campo, en Lugo, volverá manar viño este...

A fonte da Praza do Campo, en Lugo, volverá manar viño este venres

Tras dous anos de parón pola pandemia, regresa o que se bautizou como o Milagre de San Vicente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A fonte da Praza do Campo, en plena zona vella da cidade de Lugo, volverá manar viño este venres, 29 de xullo, a partir das 20,30 horas.

Tras dous anos de parón pola pandemia, regresa o que se bautizou como o Milagre de San Vicente, polo que da fonte fluirá viño, nunha actividade programada pola asociación Lugo Monumental en colaboración co Concello de Lugo.

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, sinalou que “o día de Santa Marta, o 29 de xullo, a fonte da Praza do Campo manará viño no canto de auga, no coñecido como Milagre de San Vicente”.

Trátase dunha “tradición que se recuperou hai dez anos e que se vén celebrando, desde entón ininterrompidamente, salvo os dous anos de pandemia”. “Esperamos que acuda moita xente”, desexou.

Finalmente, serán 300 litros de viño os que se repartirán ese día de “forma gratuíta”. Esta comezará co “chateo” no que o Concello de Lugo tamén se implicou e haberá música.

O venres, igualmente, farase entrega dos premios de Lugo Monumental que este ano quixo recoñecer a “dona Amparo da Confeitaría Conde”, que falecía hai un par de meses, polo que se entregará o premio a título póstumo á familia.

Tamén se premia á Sucursal, que “é un comercio significativo de Lugo”, e nomearase socio de honra de Lugo Monumental ao dono, tamén falecido, do bar Tosar no centro da cidade amurallada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...