InicioSociedadeLara Méndez acusa á Xunta de "privar" a Lugo de praia fluvial

Lara Méndez acusa á Xunta de “privar” a Lugo de praia fluvial

Destaca que o concello leva anos traballando no aforro enerxético.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou á Xunta de “privar” a Lugo de praia fluvial ou zona de baño pública na cidade, despois de rexeitar unha segunda localización no Miño que propuxera o Concello.

Méndez lembrou que “este proxecto se inicia no ano 2010“, “houbo que facer un cambio de localización e agora a Administración autonómica fala de que é a localización máis idónea cando foi precisamente tanto o goberno do PP na Xunta como no Goberno central os que non permitiron facer a praia fluvial na zona das Saamasas, que era a primeira intención”.

Critica que agora tamén se pon pegas ao segundo emprazamento, á beira da rotonda da N-V que dá acceso ao campus universitario. Neste contexto, afeou á Xunta “por pór trabas a un proxecto de cidade, un proxecto que ten unha gran demanda social máis aló dun compromiso político”.

“En aras de buscar a implementación desa infraestrutura, para que as veciñas e veciños de Lugo poidan gozar dunha zona de baño segura, coutada e con comodidade, é rechamante que agora se volvan a pór impedimentos polo Goberno galego, cando noutros lugares da provincia ou doutras provincias non os pon”, lamentou.

Lara Méndez apuntou que “será a Xunta a que terá que dicir por que quere privar aos veciños e veciñas de Lugo desa zona de baño pública”.

AFORRO ENERXÉTICO

Polo demais, sobre as recomendacións de Europa para o aforro enerxético, a alcaldesa de Lugo puntualizou que por parte do Concello: “Xa vén traballando nese aforro enerxético, como a implantación de paneis solares en edificios municipais, cando facemos obras de illamento ou cando potenciamos o uso do biogás”.

“O Concello de Lugo é un avantaxado nesa materia, onde se traballou moito. Levamos sete anos traballando en facer de Lugo unha cidade verde e sustentable”, asegurou.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...