InicioSucesosA Policía de Lugo intercepta a un condutor drogado e sen carné...

A Policía de Lugo intercepta a un condutor drogado e sen carné que circulaba sen seguro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba sen carné e sen seguro do vehículo e que, ademais, deu positivo no test de drogas.

En concreto, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio deulle o alto sobre as 21,30 horas do pasado sábado na Avenida dos Deportes.

Tras entrevistarse co condutor, comprobaron que circulaba sen seguro obrigatorio e que o home non tiña permiso de conducir. Ademais, foi sometido a un test de drogas, que deu positivo por THC.

Durante o fin de semana, a Policía Local de Lugo realizou así mesmo distintos operativos de control de alcol ao volante. Neles, detectáronse cinco condutores con taxas de alcol superiores ás legalmente establecidas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...