InicioEconomíaA Deputación de Lugo destinará 500.000 euros para unha oficina de asesoramento...

A Deputación de Lugo destinará 500.000 euros para unha oficina de asesoramento a pemes

Este asesoramento vai ser !totalmente gratuíto" para as empresas e "personalizado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou este venres que a institución “conseguiu captar” 500.000 euros de fondos europeos para desenvolver o programa ‘Acelera Peme’, a través do Goberno central.

Trátase dun “proxecto que vai servir para fortalecer o tecido empresarial da provincia, sobre todo o tecido empresarial do rural, a través do apoio e asesoramento gratuíto ás pequenas e medianas empresas en materia de transformación dixital”.

En concreto, a xunta de goberno provincial aceptou esta axuda de 400.000 euros que a Deputación tratará de completar con outros 100.000, para así chegar ao medio millón en total, tal e como concretou García Porto.

A portavoz socialista puntualizou que, con este investimento, a provincia poderá ter en funcionamento “durante dous anos” unha oficina con sete traballadores para poder ofrecer asesoramento, soporte en materia de transformación dixital ás medianas e pequenas empresas de concellos con menos de 20.000 habitantes, que son todos menos a cidade de Lugo.

“Este asesoramento vai ser totalmente gratuíto para as empresas e ademais vai ser personalizado, é dicir, que se vai adaptar ás características de cada negocio”, sinalou.

A oficina de asesoramento “terá unha sede física, na Deputación (no Pazo de San Marcos), e ademais unha sede virtual”. A maiores, vai ter presenza no territorio desprazándose a través dunha rede de cinco oficinas móbiles, que irán pola Mariña, A Chaira, na zona centro, na montaña e na zona sur da provincia.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...