InicioSucesosCondenan un home a catro anos e cinco meses de cárcere acusado...

Condenan un home a catro anos e cinco meses de cárcere acusado de traficar con droga en Lugo

Posteriormente, durante o rexistro do seu domicilio, comisaron efectos que o acusado, segundo a sentenza, utilizaba para a actividade ilícita. Os maxistrados relatan que na súa vivenda tamén tiña case 42 gramos de cocaína, valorada en 8.407 euros, e cannabis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos e cinco meses de cárcere e ao pago dunha multa de 15.360 euros a un home por traficar con droga, resistirse a axentes e lesionar a dous policías ao lanzar diversos lapotes e golpes contra eles.

Nunha sentenza con data do 4 de xullo e da que informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o tribunal explica que o procesado foi interceptado por varios axentes en outubro de 2021 para que se identificar se e ensinase as pertenzas que portada.

Con todo, indica que “mostrou unha actitude obstructiva, ata que os axentes procederon á súa detención”, durante a que lle interviñeron cocaína valorada en 1.777 euros, así como 570 euros procedentes do tráfico de drogas e un móbil.

Posteriormente, durante o rexistro do seu domicilio, comisaron efectos que o acusado, segundo a sentenza, utilizaba para a actividade ilícita. Os maxistrados relatan que na súa vivenda tamén tiña case 42 gramos de cocaína, valorada en 8.407 euros, e cannabis.

A Audiencia tamén lle impuxo ao tío do acusado un ano de cárcere por cometer un delito de encubrimento, pois tras o arresto do condenado procedeu, “co fin de evitar a súa posible incautación posterior pola policía”, a recoller do seu domicilio e introducir nun bolso droga e efectos que o detido utilizaba para levar a cabo o tráfico de sustancias estupefacientes. Unha vez que tivo na súa poder ditas sustancias e obxectos, foi interceptado por axentes da Policía Nacional.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...