InicioSucesosIntervidas en Lugo armas e municións, 2,7 quilos de marihuana e 15...

Intervidas en Lugo armas e municións, 2,7 quilos de marihuana e 15 cabeiros nunha operación contra tráfico de armas

Entre os detidos hai quen tiña auténticos arsenais na casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da denominada ‘Operación Sayal’, procedeu á detención de 12 persoas pertencentes a unha organización dedicada ao tráfico de armas e munición no ámbito nacional que se saldou con rexistros en varias provincias españolas, entre elas Lugo e Pontevedra.

Segundo informou o Instituto Armado, na operación realizaronse 17 rexistros nas provincias de Madrid, Toledo, Sevilla, Navarra, Xirona, Tarragona, Pontevedra, Lugo, Salamanca, Murcia e Melilla, nos que se interviñeron 339 armas de fogo, 37.426 cartuchos metálicos de diferentes calibres, 13,2 quilos de pólvora, e silenciadores, entre outros efectos.

No caso concreto de Lugo, ademais de numerosas armas e municións, igualmente interviñéronse 2,7 quilos de marihuana e 15 cabeiros e figuras de marfil, a un individuo que finalmente foi detido en Melilla.

Aos detidos impútanselles os supostos delitos de tráfico de armas, depósito de armas, depósito de armas de guerra, depósito de municións, depósito de explosivos, tenencia ilícita de armas prohibidas, contra a saúde pública (tráfico de drogas) e contrabando.

A operación iniciouse en outubro do pasado ano, cando os axentes, noutra operación independente, procederon á detención en Madrid dun dos principais traficantes de munición do país, que a través de Internet vendera máis de 36.000 cartuchos metálicos que enviaba aos seus compradores por medio de paquetes postais.

Froito desta investigación, púxose de manifesto que este individuo se dedicaba a esta actividade ilegal desde facía varios anos e que os compradores das municións eran persoas que posuían armas de fogo de forma ilegal e que, por tanto, sinala a Benemérita, “non podían adquirir as mesmas en establecementos autorizados, tendo que recorrer ao mercado negro para fornecerse das mesmas”.

A posterior análise da documentación e equipos informáticos intervidos ao devandito subministrador ilegal de munición, permitiu a identificación de moitos dos seus compradores, os cales resultaron ser persoas que posuían armas de fogo sen licenza e sen rexistrar, algún deles relacionados coa delincuencia.

ARSENAIS

A un dos detidos en Madrid interviñéronselle 109 armas de fogo, a maioría delas curtas (pistolas e revólveres) e entre as cales se atopaban tamén un fusil de asalto automático AK47 (arma de guerra) de última xeración e plenamente funcional, 11 pistolas detonadoras transformadas para efectuar lume real e catro pistolas semiautomáticas de fabricación completamente artesanal; ademais de máis de 14.000 cartuchos metálicos de diferentes calibres, 5,6 quilos de pólvora para a fabricación de munición e abundantes pezas e compoñentes esenciais para a ensamblaxe e manipulación de armas de fogo.

A outra das persoas detidas en Toledo intervéuselle un enorme arsenal de armas composto por 104 armas de fogo (75 curtas, 20 longas, catro detonadoras transformadas para facer lume real e 5 armas prohibidas doutro tipo) e 5.936 cartuchos metálicos de diferentes calibres.

Moitas das armas incautadas a este detido foran introducidas ilegalmente no noso país tras ser adquiridas polo mesmo no estranxeiro.

Entre as armas intervidas destacan as 17 armas de guerra incautadas (fusís de asalto e subfusiles), que dada a súa capacidade para facer lume automático (ametrallador), a súa posesión ilegal por particulares supón un risco máximo para a seguridade cidadá, tanto en caso da súa utilización como do seu posible desvío a organizacións criminais ou terroristas.

Algúns dos detidos, tiñan as armas municionadas e listas para o seu uso, ou en fundas para portalas ocultas baixo a roupa na vía pública, evidenciándose a intencionalidade de facer un uso efectivo e ilegal das mesmas.

ÚLTIMAS

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...

A Deputación de Lugo desbrozará 4.200 quilómetros de estradas en mes e medio

A Deputación de Lugo comezou este luns os traballos de roza nos máis de 4.200 quilómetros de...

Detido un mozo en Lugo acusado de roubo ao ser sorprendido no interior dunha vivenda e encapuchado

Un mozo foi detido en Lugo sorprendido mentres, supostamente, roubaba nun domicilio particular do...