InicioLugo e contornaLugoO PP facilitará a aprobación do 5% do plan xeral de Lugo...

O PP facilitará a aprobación do 5% do plan xeral de Lugo por “responsabilidade”

O viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, sinalou con respecto ao goberno bipartito (PSOE e BNG) que "foron moi rápidos para converterse no goberno máis caro da historia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anunciou que o seu grupo votará a favor do cinco por cento que falta por resolver do Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade luguesa.

“Estamos en condicións de anunciar o noso voto a favor do plan xeral para que despois de 24 anos salga dunha vez por todas ao completo”, incidiu Ameijide, que responsabilizou a PSOE e BNG do bloqueo na aprobación do plan durante os últimos 11 anos.

Este xoves, o pleno ordinario do concello volverá debater o 5% que resta por aprobar do plan xeral, que agora sairá adiante polos votos do oito concelleiros do PSOE e o dez do PP.

O BNG, con cinco asentos na corporación votará en contra e os dous de Ciudadanos volverán absterse. Dito documento precisa da maioría absoluta que non logrou no pleno da pasada semana.

Ameijide xustificou o voto a favor dos populares “por responsabilidade, por coherencia e sobre todo por Lugo porque cando toca escoller entre o Partido Popular e Lugo escollemos sempre a Lugo”.

Ademais, lamentou con respecto ao goberno bipartito (PSOE e BNG) que “foron moi rápidos para converterse no goberno máis caro da historia, pero non foron tan rápidos en porse de acordo no asunto máis importante a nivel urbanístico e a nivel político desta cidade, probablemente, desta lexislatura”.

Neste sentido, Ameijide considerou que a alcaldesa, Lara Méndez, debe cesar de forma “inmediata” aos cinco concelleiros do BNG que forman parte do seu goberno pola súa postura sobre a PXOM

“O que non podemos permitirnos os lucenses é manter un goberno de 13 concelleiros que non son capaces de porse de acordo para un documento de vital importancia como é o plan xeral”, aseverou o popular.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...