InicioLugo e contornaLugoA Policía Local de Lugo intervén pola agresión dun home á súa...

A Policía Local de Lugo intervén pola agresión dun home á súa compañeira de piso

Os axentes realizaron varias batidas pola zona da agresión para tentar localizar ao responsable, "con resultado negativo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interviñeron pola agresión dun home á súa compañeira de piso, á que propinou unha puñada na cara na noite do sábado ao domingo pasado.

Segundo informou a Policía Local, axentes de Policía de Barrio interviñeron na noite do sábado ao domingo na rúa Julia Minguillón pola agresión dun home a unha muller, quen identificou o agresor, que se ausentou do lugar, como o seu compañeiro de piso.

O individuo, indican as mesmas fontes, propinoulle unha puñada na cara que alcanzou o ollo e pómulo dereito, cuxas secuelas observaron os axentes.

As mesmas fontes sinalan que, supostamente, estes feitos se deben a que a muller foi denunciada no pasado polo agresor. Debido ás lesións, foi necesaria a presenza dunha ambulancia do 061 para ser atendida en plena rúa. Posteriormente foi levada á PAC de Fingoi, onde foi atendida no servizo de urxencias.

A Policía Local sinalou que a muller pretendía presentar denuncia. Os axentes realizaron varias batidas pola zona da agresión para tentar localizar ao responsable, “con resultado negativo”.

CONDUTORES

Por outra banda, na tarde do pasado venres a Policía Local foi mobilizada por unha discusión entre dous condutores na rúa Quiroga Ballesteros, onde foi necesaria a intervención dunha dotación policial ao tratar de estacionar ambos nunha mesma praza de aparcadoiro.

Supostamente o home implicado, indican as mesmas fontes, “proferiu palabras ofensivas e comentarios machistas” en “actitude ameazante” cara á muller cando ela aínda non baixara do vehículo. Os axentes axudáronlles a cubrir o parte e mediaron para tranquilizar a situación e informaron á muller do procedemento para seguir en caso de querer presentar denuncia.

FURTO

Así mesmo, na noite do sábado ao domingo a Policía Local interveu na discoteca Puro Teatro onde supostamente un mozo subtraeu o bolso a unha muller que o tiña apoiado sobre a barra e debaixo dunha peza de roupa. A vítima asegurou que o mozo implicado é coñecido por este tipo de actuacións. Posteriormente o bolso da muller foi recuperado no baño de cabaleiros, do que botou en falta o teléfono móbil e as chaves de casa.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...