InicioSociedadeLugo rexistra 50 incidencias por caída de raios e treboadas

Lugo rexistra 50 incidencias por caída de raios e treboadas

En Portomarían unha ambulancia tivo un accidente por mor dos efectos dun raio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As treboadas rexistradas nas últimas horas e que afectaron principalmente as provincias de Ourense e Lugo, causaron un reguero de incidencias, maioritariamente relacionadas coa caída de árbores e ramas nas estradas. En total, o 112 Galicia contabilizou, desde o mediodía do mércores, 135 incidentes provocados por este fenómeno adverso.

Por provincias, a de Ourense foi a máis afectada con 53 incidencias rexistradas, seguida a de Lugo con 50, a de Pontevedra con 17 e a da Coruña con 15 incidentes. Con todo, o 112 destaca que non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou o 112 Galicia, a caída de árbores, ramas e outros obstáculos nas vías, un total de 97, obrigaron a intervir aos distintos servizos de emerxencias, co fin de restablecer as condicións de seguridade nas estradas.

Así, en Portomarín, en Gonzar, unha ambulancia que circulaba pola LU-633 sufriu un accidente a causa do cableado espallado pola estrada debido á caída dunha árbore. Segundo indicou o persoal sanitario ao 112 Galicia, os ocupantes estaban todos ben, pero o accidente provocou importantes retencións na vía.

DEPENDENTE SEN LUZ

En Castroverde, no lugar de Tordea, un particular dependente dunha máquina de osíxeno, indicou ao 112 Galicia que levaban unha hora sen luz. Así mesmo, o vento, sobre as 21,00 horas, levantou varias chapas dun edificio do Barco de Valdeorras, pero ninguén resultou ferido. Ao lugar acudiron os membros do GES e Bombeiros para a súa retirada.

En Ribas de Sil, os efectivos de Protección Civil da localidade comunicaron ao 112 Galicia, sobre as 20,15 horas do mércores que, debido á treboada, rompera unha barreira do paso a nivel de San Clodio.

O 112 destacou que, nesta ligazón, pódense consultar unha serie de recomendacións que axudarán a diminuír os riscos derivados destes episodios de meteoroloxía adversa.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...