Home Lugo e contorna Rescatan a un home pechado nun ascensor en Lugo mentres a súa filla de tres anos quedou soa na escaleira

Rescatan a un home pechado nun ascensor en Lugo mentres a súa filla de tres anos quedou soa na escaleira

0
Rescatan a un home pechado nun ascensor en Lugo mentres a súa filla de tres anos quedou soa na escaleira
Vehículo da Policía Local de Lugo | Foro Policía

Un home foi rescatado do interior dun ascensor no que quedou fechado nun edificio da cidade de Lugo mentres a súa filla de tres anos quedou soa na escaleira ata a chegada de persoal de emerxencias.

Segundo informou a Policía Local, durante a tarde deste pasado martes un indicativo de Policía de Barrio acudiu a un inmoble da rúa Doutor García Portela porque un veciño se quedou fecchado no ascensor e a súa filla de tres anos atopábase soa nas escaleiras.

Os axentes desprazados ao lugar contactaron co servizo técnicos e permaneceron acompañando á menor ata que se solucionou a avaría e o home puido ser rescatado.

+ posts