InicioPolíticaO Concello de Lugo aplicará rebaixas fiscais ao Sergas para que reforme...

O Concello de Lugo aplicará rebaixas fiscais ao Sergas para que reforme o Centro de Saúde da Milagrosa

Méndez cualificou a relación de cooperación entre os dous organismos como "un exemplo máis do entendemento necesario entre dúas administracións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tal e como autorizou esta semana a Xunta de Goberno, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinará un convenio que ampare a aplicación de rebaixas fiscais ao Sergas para que reforme o Centro de Saúde da Milagrosa, unha intervención que “resulta tan necesaria como demandada pola cidadanía” e o persoal sanitario.

Méndez cualificou a relación de cooperación entre os dous organismos como “un exemplo máis do entendemento tan necesario entre dúas administracións que priorizan os puntos converxentes na procura do ben común”.

Entre os obxectivos deste acordo, dixo, figura o de “darlle resposta aos problemas de saúde da poboación mediante actuacións que permitan mellorar as dotacións e as infraestruturas dedicadas á atención asistencial, o que fai necesario acondicionar as instalacións da Milagrosa”, engadiu.

O documento, que se validará este mércores, recolle como deberes da institución local o regulamento, nas Ordenanzas correspondentes, da exención á Xunta do pago do Imposto de Bens Inmobles a favor dos centros sanitarios e dunha bonificación do 95% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que o xustifiquen.

Mentres, o Sergas comprométese, pola súa banda, á supervisión e aprobación do proxecto técnico, así como a contratar, dirixir e executar a reforma do Centro de Saúde con cargo aos seus orzamentos.

+ posts

ÚLTIMAS

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...