InicioSucesosPrisión para dúas mulleres detidas en Lugo acusadas de obrigar a unha...

Prisión para dúas mulleres detidas en Lugo acusadas de obrigar a unha menor a exercer a prostitución

Foi a mellor a que denunciou que unha familiar, concretamente a súa tía, tíñaa retida nun inmoble de Lugo e obrigábaa a exercer a prostitución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para dúas do tres mulleres detidas por, supostamente, reter a unha mellor e obrigala a exercer a prostitución. A terceira detida, que pasou a disposición xudicial este xoves, foi posta en liberdade.

En concreto, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as dúas mulleres enviadas a prisión, que declararon ante o xuíz este mércores, están investigadas por delitos de prostitución de persoa menor de idade, trata de seres humanos, detención ilegal e contra a saúde pública.

Este xoves, pola súa banda, pasou a disposición xudicial a terceira apresada, para quen se decretou a posta en liberdade. Ela acolleuse ao seu dereito a non declarar e está investigada por un delito de detención ilegal.

Foi a mellor a que denunciou que unha familiar, concretamente a súa tía, tíñaa retida nun inmoble de Lugo e obrigábaa a exercer a prostitución.

A menor declarou que abandonou o seu país de orixe, Brasil, porque esa familiar lle asegurou que podería traballar en España e, cando chegou, díxolle que a única forma de devolverlle o billete de avión que lle había pago era exercendo a prostitución.

Nun inicio, segundo a versión da denunciante, queríaa levar a un club de alterne, pero, como se negou, trasladouna á vivenda da segunda detida. Alí, afirma, obrigábana a exercer a prostitución con homes que contactaban con elas a través dunha páxina web e non a deixaban saír do piso.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...