InicioEconomíaConverten en fixos catro traballadores do Club Fluvial de Lugo tras unha...

Converten en fixos catro traballadores do Club Fluvial de Lugo tras unha denuncia de CC.OO. ante Inspección

"En relación á súa denuncia contra o Club Fluvial de Lugo, e tras as comprobacións oportunas, a empresa procedeu a transformar en indefinidos os contratos de varios traballadores da empresa", indica Inspección, nunha comunicación ao sindicato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro traballadores eventuais do Club Fluvial de Lugo foron convertidos en fixos descontinuos, tal e como constatou Inspección de Traballo e Seguridade Social tras unha denuncia presentada por CC.OO o pasado mes de febreiro.

“En relación á súa denuncia contra o Club Fluvial de Lugo, e tras as comprobacións oportunas, a empresa procedeu a transformar en indefinidos os contratos de varios traballadores da empresa”, indica Inspección, nunha comunicación ao sindicato.

En concreto, a denuncia foi presentada o 17 de febreiro e sinalaba que a empresa oferta formación para practicar diferentes actividades deportivas e de lecer, pero que formalizaba “con carácter sistemático –de forma fixa e descontinua– contratos de traballo (…) baixo a modalidade de contrato de obra ou servizo determinado e eventuais por circunstancias da produción”.

CC.OO. consideraba que estas modalidades contractuais incorrían “en manifesta fraude de lei”, polo que instou á administración inspectora de Lugo para que regularizase a contratación das persoas afectadas.

E é que, segundo lembra o sindicato, en reformar laboral impulsada polo actual Goberno “desaparece o contrato de obra ou servizo determinado” e, por tanto, a actividade do Club Fluvial “encádrase nun dos supostos para a realización dos novos contratos fixos-descontinuos”.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados tres das seis persoas intoxicadas con deterxente nunha pulpería de Lugo

Permanecen hospitalizadas tres dos seis persoas que tiveron que ser ingresadas este fin de...

Sabías que non sempre se comeu polbo no San Froilán?

O San Froilán de Lugo cheira a choiva miúda, mantas, orquestras... e polbo! Pero ese...

Falece un home de 51 anos nun accidente de tráfico en Castro de Rei

Un home de 51 anos faleceu este luns nun accidente de tráfico no municipio...

Evacuada en helicóptero unha persoa tras recibir un disparo nunha perna durante unha xornada de caza en Becerrá

Unha persoa tivo que ser trasladada en helicóptero ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras...