InicioSociedadeMáis de 190.000 euros da Deputación para o impulso de tres festivais...

Máis de 190.000 euros da Deputación para o impulso de tres festivais de música da provincia

Tamén quedou aprobada a convocatoria e as bases específicas para o ingreso como persoal funcionario de carreira na Deputación de Lugo de tres prazas de auxiliar (unha en cota xeral e dúas para persoas con discapacidade) polo sistema de oposición libre.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou este venres destinar máis de 190.000 euros ao apoio e financiamento de tres festivais de música que se celebran na provincia.

Concretamente, a Xunta de Goberno aprobou a colaboración co Concello de Ourol por valor de 20.450 euros para a celebración do Festival Aturuxo de Bravos, “un referente da música e cultura galega” que en cada edición reúne a grupos e artistas “de referencia no panorama musical tradicional”.

Tamén colaborará co Concello de Vilalba para o Festival Internacional de Vilalba (FIV), ao que achegará 20.000 euros. Con esta contía económica axudan ao mantemento do festival que, “ademais dunha proposta de diversión que dinamiza socialmente a provincia, ten un retorno importante para sectores como a hostalaría e o comercio”.

Na sesión deste venres, tamén se acordou un contrato de patrocinio do Resurrection Fest de Viveiro, polo que a Deputación achegará 150.000 euros para a celebración da cita, que terá lugar entre o 29 de xuño e o 3 de xullo.

Así mesmo, deron luz verde á adxudicación directa dunha parcela de uso comercial no polígono industrial da Gándara, en Friol, por 108.015,53 euros, que se dividirá en dous para poder desenvolver actividades diferentes.

Por último, tamén quedou aprobada a convocatoria e as bases específicas para o ingreso como persoal funcionario de carreira na Deputación de Lugo de tres prazas de auxiliar (unha en cota xeral e dúas para persoas con discapacidade) polo sistema de oposición libre.

Acordouse ademais o procedemento para a cobertura de sete prazas de capataz de camiños, da escala de administración especial, da subescala de servizos especiais, da clase persoal de oficios, da categoría de mestres, do grupo C e do subgrupo C1, do grupo de persoal funcionario da institución reservadas á promoción interna vertical.

A todo isto hai que sumar que a Xunta de Goberno aprobou a licitación dun contrato para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil da Deputación de Lugo cun orzamento de 98.650 euros. O contrato faise por un ano, con posibilidade de tres prórrogas máis dun ano cada unha.

CONVENIO ARDE LUCUS

Por outra banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, asinou este venres coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 28.000 euros ao municipio para celebrar a representación do circo romano do Arde Lucus.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...