InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación denuncia o abandono do Camiño Real en Lugo e pídelle...

A Deputación denuncia o abandono do Camiño Real en Lugo e pídelle á Xunta un plan de recuperación integral

"Ao Camiño Real pásalle como ao Camiño ao Mar, que segue agardando polo seu recoñecemento oficial", di a deputada García Porto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de recuperación integral, sinalización e promoción do Camiño Real na provincia de Lugo, unha petición acordada por unanimidade no pleno de maio, ao aprobarse unha moción defendida polo PSdeG.

A portavoz socialista do Goberno, Pilar García Porto, pediu que o plan se aplique á totalidade dos concellos polos que transcorre o trazado do Camiño Real, “e non de forma parcial como se fixo nos traballos do 2017”.

Ademais, a proposta recolle que a Xunta de Galicia, tendo en conta as achegas das administracións locais, deseñe accións de promoción do Camiño Real como atractivo cultural e turístico, ligado á promoción xeral de diferentes rutas do Xacobeo na provincia de Lugo.

A deputada de Promoción do Territorio e Turismo concretou que este itinerario entra por Pedrafita do Cebreiro, percorre os concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Láncara, O Corgo, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade e Begonte, e sae da provincia de Lugo por Guitiriz cara á provincia da Coruña.

“A pesar das reclamacións de veciños e veciñas, asociacións culturais e ambientais, e estudiosos de numerosos ámbitos, o Camiño Real de Lugo non conseguiu das autoridades da Xunta a protección e a posta en valor que merece a súa importancia histórica“, sinalou.

García Porto indicou que a Xunta de Galicia iniciou en 2017 o deseño dun plan parcial para facer tarefas de sinalización nos concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Láncara e OCorgo.

“Un plan no que apenas se investiron 50.000 euros e que despois quedou interrompido, sen estender ao conxunto do trazado”. “Desde o 2017 ata este ano pasaron cinco anos e non se fixo nin un só quilómetro máis en relación co Camiño Real. O certo é que non entendemos por que non se fixo o trazado completo, e tampouco entendemos que sabendo da relación que ten co Camiño Francés e o de Inverno non se aproveitasen fondos do Xacobeo para impulsalo”, indicou.

A deputada considerou que a motivación pode estar na “desgana pola preocupación do patrimonio”, xa que está a xerar “camiños de primeira e camiños de segunda, porque ao Camiño Real pásalle como ao Camiño ao Mar, que segue agardando polo seu recoñecemento oficial”.

ÚLTIMAS

Cae unha banda especializada en roubo de cobre que operaba entre Lugo e Asturias

A Garda Civil detivo na provincia de Lugo ao seis integrantes dunha banda especializada...

Ferido un condutor tras envorcar o seu vehículo na LU-530 en Lugo

Un condutor resultou ferido tras envorcar o coche no que circulaba pola estrada LU-530,...

José Tomé visita o Centro de Galicia de Buenos Aires, a “auténtica casa da colectividade” en Arxentina

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, percorreu este luns o histórico...

Lugo acusa á Xunta de deixamento no control do xabaril e da velutina

O Concello de Lugo denunciou que o control de pragas levado a cabo pola...