InicioEconomíaA Deputación asina un acordo para levar adiante un proceso de estabilización...

A Deputación asina un acordo para levar adiante un proceso de estabilización laboral de 110 prazas ocupadas por temporais

O presidente provincial, José Tomé, sinalou que "é importante para os traballadores e traballadoras que se beneficiarán dunha maneira directa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo asinou este xoves cos sindicatos UGT, CC.OO. e CSIF un acordo polo cal impulsará en 2022 unha oferta pública de emprego (OPE) para a estabilización laboral cun total de 110 prazas que ata o momento estaban ocupadas por persoal temporal. A convocatoria tamén incluirá, a maiores, 19 prazas de acceso libre.

Así o avanzou o presidente da institución, José Tomé, tras o acto de firma deste convenio conseguido na Mesa Xeral de Negociación, conformada xunto coas forzas sindicais, polo cal este proceso estabilizador desenvolverase conforme á lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público impulsada polo Goberno central.

Tomé destacou que o acordo alcanzado beneficia a todos: “É importante para os traballadores e traballadoras que se van a beneficiar dunha maneira directa, importante para a Deputación de Lugo e a administración local porque avanzamos na estabilidade no emprego público, e importante para os veciños e veciñas da provincia, porque esta aposta pola estabilidade ten por obxectivo último seguir avanzando na mellora da prestación dos servizos públicos e o noso traballo de cooperación cos concellos”.

Nesta liña, o presidente insistiu en que sacar a unha OPE un total de 110 prazas radicará en “unha mellora significativa das condicións laborais de máis dun centenar de persoas”, un aspecto fundamental “para asentar e consolidar uns servizos públicos modernos, áxiles, de calidade e capaces de evolucionar de acordo coas necesidades da cidadanía”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...