InicioLugo e contornaLugoLugo celebra a súa primeira carreira de obstáculos para persoas con discapacidade

Lugo celebra a súa primeira carreira de obstáculos para persoas con discapacidade

"Trátase da primeira carreira de obstáculos en España deste tipo, que supón un novo impulso para a integración deste colectivo", explican desde a Consellería de Política Social.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social colabora coa ‘Pretorian Race’, a primeira carreira de obstáculos para persoas con discapacidade que se celebra en Lugo.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu este domingo á carreira que conta cunha categoría específica, a Pretorian Champions ‘Cidade de Lugo’, para persoas con discapacidade.

“Trátase da primeira carreira de obstáculos en España deste tipo, que supón un novo impulso para a integración deste colectivo”, explican nun comunicado.

González Abeijón destacou a importancia de colaborar con eventos como este, que se celebrou no Pazo de feiras e congresos e que “promoven valores tan importantes como a superación e a integración”.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...