InicioSociedadeApoio da Deputación a unha iniciativa de Unicef que recada fondos destinados...

Apoio da Deputación a unha iniciativa de Unicef que recada fondos destinados a menores refuxiados

A iniciativa está impulsada pola Confederación de Empresarios de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños da provincia e coa colaboración da institución provincial e do Concello de Lugo, que pon á venda 3.000 camisetas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este martes o expositor solidario instalado na Praza de San Marcos, en Lugo, para a recadación de fondos en apoio aos nenos e nenas de Ucraína.

Trátase dunha iniciativa solidaria, organizada por Unicef e impulsada pola Confederación de Empresarios de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños da provincia e coa colaboración da institución provincial e do Concello de Lugo, que pon á venda 3.000 camisetas.

Na visita, o presidente da Deputación estivo acompañado da deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Así mesmo, nunha nota de prensa, a institución provincial puxo en valor que respondeu “desde o primeiro momento” ante os efectos da invasión de Ucraína polas tropas rusas e, nese sentido, destacou que xa aprobaron unha axuda económica directa de 10.000 euros e tamén unha achega de material en bens de primeira necesidade por valor de 18.000 euros, a través de Cruz Vermella.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...