InicioSucesosAs familias do crime do Ceao tras o procesamento do imputado: "É...

As familias do crime do Ceao tras o procesamento do imputado: “É moito tempo e iso vai minando ás persoas”

Din estar moi contentos polo procesamento do único implicado ata agora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias do dobre crime do Cash Marca, ocorrido no polígono industrial do Ceao, aínda segue “dixerindo” tres días despois de coñecerse o procesamento do único sospeitoso, un hostaleiro que tiña un negocio en Lugo no momento dos feitos e que agora reside en Burgos.

A Audiencia Provincial desestimou o recurso da defensa e, por tanto, confirmou o procesamento do único sospeitoso do dobre crime, polo que morreron tiroteados unha caixeira, Elena López, e o reponedor, Esteban Carballedo. Ademais ese 30 de abril de 1994, o autor ou autores fixéronse cun botín de 5 millóns de pesetas.

Agora ao investigado impútanselle dous delitos de asasinato, un de roubo con violencia nas persoas e outro de tenencia ilícita de armas.A irmá dunha das vítimas, Isabel López, que durante todos estes anos non cesou en conseguir evitar o que denominaba unha “mala” instrución, asegurou que aínda están a asimilar a noticia. “Aínda estamos a dixerir a noticia, porque era unha das posibilidades que había, pero tamén cabía a posibilidade contraria”, explicou.

“É unha cousa que estás a esperar, desexas que pase e cando chega déixache un pouco descadrada. Estamos moi contentos por todo o esforzo que fixemos durante estes anos e que deu algo de froito“, celebrou Isabel, que foi a que se topou cos cadáveres, sobre as sete da tarde dese 30 de abril de 1994 na nave do Cash Record no polígono industrial do Ceao.

Transcorreron algo máis de 28 anos, o que “é moito tempo e iso vai minando ás persoas“. “Agora vemos máis luz para chegar ao final do camiño”, asume Isabel López. Pese ao auto de procesamento, as familias seguen coas concentracións ante o xulgado na Praza de Avilés, pola mañá coa propia Isabel e a familia de Esteban, e xa pola tarde unha mobilización, a partir do oito e media, tamén ante os xulgados de Lugo. “As concentracións facémolas para homenaxear á miña irmá e a Esteban porque de momento non se produciu a resolución total do caso”, concluíu a irmá de Elena López.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...