InicioMedioambiente e PatrimonioConsulta todas as actividades de ADEGA en Lugo co gallo do Día...

Consulta todas as actividades de ADEGA en Lugo co gallo do Día da Terra

Unha semana de mesas redondas e conferencias coas que coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promoven un estilo de vida sustentable.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro venres, 22 de abril, comezan as xornadas que ADEGA, en colaboración coa USC e a UNED de Lugo organiza nos campus universitarios. Unha semana de mesas redondas e conferencias coas que coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promoven un estilo de vida sustentable, acorde coas necesidades de cambio hábitos que esixe a emerxencia climática; así como a protección da biodiversidade e da calidade ambiental.

Todas as actividades son de balde e dirixidas ao público en xeral, especialmente ao estudantado universitario. Para participar nas actividades da UNED é preciso inscribirse a través da sede electrónica do centro. Velaquí o programa:

Venres 22 de abril – Día da Terra
Punto de encontro: Heliporto do Pavillón Central na Facultade de Veterinaria
17:30 – 18:15 Apertura e roda poética pola Terra
18:15 – 20:00 Acción de limpeza do Campus Terra, as persoas participantes poderán cambiar as cabichas recollidas por un bote con vida.

Luns 25 de abril – Soberanía alimentaria
EPS de Enxeñaría (Aula 10)
18:30 – 19:15 Proxección do documental “Nun tempo de horta” con apuntamentos da directora Carmen Granxeiro.
19:30 – 21:00 Mesa redonda: Soberanía Alimentaria. Participan nesta mesa Marta Pérez da Cooperativa Bico de Grao, Dora Cabaleiro das Ribeiregas e SLG, Gabriel Lopes, de SC Lagar d’a Granha, e será moderada por Emilio V. Carral Vilariño, profesor titular na área de ecoloxía da EPS.

Martes 26 de abril – Fauna silvestre
Facultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)
19:30 – 21:00 Mesa redonda: Fauna Silvestre. Participan nesta mesa Óscar Rivas, da FOP e AGCT, Catuxa Varela Dopico do Grupo CoPeMol da USC, Manuel Arzúa da Asociación Morcegos de Galicia, e Concha López Llamas, catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en educación secundaria. A mesa será moderada por Ana López Beceiro, profesora do Departamento de Anatomía, produción animal e Ciencias clínicas veterinarias.

Mércores 27 de abril – Gandería sustentable
Facultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)
19:30 – 21:00 Mesa redonda: Gandería Sustentábel. Participan na mesa Gemma San Pedro de Cabuxa Natur, Xosé García Freire de Casa da Fonte, e David Outeiro, gandeiro ecolóxico da Fonsagrada. Esta mesa será moderada por Ruth Rodríguez Bermúdez, profesora interina na área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria.

Xoves 28 de abril – Chamamento para construírmos espazos saudables
UNED Lugo.
18:00 – 18:15 Relax imaxinativo da man de Celsa Sánchez Vázquez
18:15 – 20:00 Xornada de debate guiado por Adela Figueroa Panisse (presidenta ADEGA Lugo) sobre a participación cidadá como ferramenta para trazar o camiño en armonía co medio e todas as especies que o habitan.

Venres 29 de abril – Decrescimento, colapso e transición
17:00 – 18:30 Mesa redonda: Transición Enerxética
EPS de Enxeñaría (Sala de Xuntas)
Participan nesta mesa Tonio Nogueira, do grupo de traballo Emerxencia Ambiental de ADEGA, Aranza González portavoz da plataforma veciñal Aire Limpo nas Mariñas – Mandeo, Jose Antonio Eiras Vila de Nosa Enerxía e Gonzalo Pérez Vázquez da CMVMC Tameiga.

20:00 – 21:30 Conferencia Decrescimento e Colapso con Carlos Taibo
UNED Lugo.

ÚLTIMAS

Detido un home en Lugo acusado de apuñalar á súa muller

Un home foi detido esta madrugada en Lugo acusado de propinar varias puñaladas á súa...

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...