InicioA UlloaO alcalde de Palas de Rei sobre o gran incendio do concello:...

O alcalde de Palas de Rei sobre o gran incendio do concello: “Foi intencionado porque houbo varios focos”

Di que arderon zonas de valor ambiental e en Rede Natura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, apuntou intencionalidade do incendio forestal que afectou a máis de 180 hectáreas de monte raso entre a madrugada e a noite do pasado domingo. Taboada asegurou que “todo parece indicar, a priori, que houbo varios focos e que foi intencionado nunha zona que xa ardeu máis veces”, na Serra do Careón.

O lume iniciouse sobre as 5,30 horas do domingo na parroquia de Moredo e para o seu control mobilizáronse 20 brigadas, cinco axentes, seis motobombas, catro avións e catro helicópteros.

O alcalde de Pas apuntou o “gran dano” que se fixo a unha zona “que ten o seu valor ambiental, porque é na Serra do Careón e foron moitas hectáreas”. “É o primeiro gran incendio esta tempada na provincia de Lugo”, lamentou. Así mesmo, Taboada lembrou que “hai anos xa ardeu noutras ocasións por varios lugares porque é unha zona con bastante superficie“. “Non é unha zona moi poboada porque é na ladeira da montaña. É unha zona de monte baixo, colle parte da Rede Natura e ten o seu valor ambiental”, describiu.

INCENDIO EN HOTEL

Sobre o incendio que levou por diante o Hotel A Cabana o pasado xoves Santo, o alcalde de Palas de Rei constou, sobre a orixe do lume, que se está á espera de “que se faga a investigación pertinente”. “Hai que lamentar os danos materiais”, manifestou.

Pablo Taboada celebrou que foi “un alivio, entre comiñas, porque non houbo danos persoais e iso que ese día o hotel estaba ao completo e o lume case chegou ata os cuartos e iso si que sería un verdadeiro desastre”.

O alcalde estimou “perdas millonarias porque era un edificio bastante emblemático en Palas de Rei, era de madeira e con bastantes metros cadrados, ademais en plena tempada”. “As perdas foron cuantiosas”, indicou. Este lume iniciouse de madrugada nas cociñas do hotel cunha gran demanda por situarse na contorna do Camiño de Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...

O PP critica que o Goberno “non ten data para a electrificación da liña de tren Lugo-Monforte”

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel...

Luz verde da Xunta para unha planta de valorización de residuos plásticos en Muras

A Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha planta para a valorización de...