InicioEconomíaA Deputación levará adiante accións de mellora na estrada que une Navia...

A Deputación levará adiante accións de mellora na estrada que une Navia de Suarna e Cervantes

Os traballos consistirán no acondicionamento e a repavimentación da vía e actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 0,970 e o 26,654. O prazo de execución é de 3 meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo realizará melloras na estrada provincial LU-0-3505, que conecta a localidade de Navia de Suarna coa parroquia de Donís, no concello de Cervantes, cun investimento de preto de 137.000 euros.

Segundo sinalou a institución, o proxecto inclúe a renovación de practicamente o conxunto da vía, xa que se actuará en 26 quilómetros dos 28 totais.

Os traballos consistirán no acondicionamento e a repavimentación da vía e actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 0,970 e o 26,654. O prazo de execución é de 3 meses.

Así mesmo, o presidente da Deputación, José Tomé destacou a importancia desta actuación e recalcou que a mellora das comunicacións é “unha prioridade” para o goberno provincia.

Ademais, puxo en valor a defensa da mobilidade como “un dereito básico dos veciños da provincia” porque asegurou que “unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibro territorial e para o desenvolvemento do rural”, xa que “axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...