InicioSociedadeFalecen tres persoas con covid en Lugo, que conta case 50 hospitalizados

Falecen tres persoas con covid en Lugo, que conta case 50 hospitalizados

A área mantense nos 1.659 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 no conxunto de Galicia incrementáronse nunha vintena con respecto ao día anterior ao situarse en 583 –implican 21 máis--, tras subir os novos contaxios a 1.206 –medio milleiro máis que o día anterior– e os casos activos a 11.672 –supoñen 166 máis–. A taxa de positividade tamén experimentou un aumento ata o 24,83%.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 15 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha máis– e increméntanse a 568 as ingresadas en unidades convencionais –20 máis–, mentres que 11.089 persoas se atopan en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o martes 5 de abril– había 505 hospitalizados, 16 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e unicamente se alivia na de Ourense. En concreto a área de Lugo mantense como a única de Galicia sen críticos e rexistra 49 noutras unidades –un máis–.

AUMENTAN OS CASOS ACTIVOS

Tras o descenso dos casos activos da xornada anterior, volven aumentar segundo avanza a Semana Santa ao situarse en 11.672, que supoñen 166 máis, ao haber máis contaXios (1.206) que altas (1.032), ao que se suman oito falecementos.

Por tanto, fréase a tendencia descendente continua rexistrada tras a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións. Hai unha semana –o martes 5 de abril– había 12.636 infeccións activas.

As infeccións activas aumentan en seis das sete áreas sanitarias, coas de Ourense (+44) e Santiago e Barbanza (+44) á cabeza, seguidas de Lugo (+43), Pontevedra e O Salnés (+29), Ferrol (+18) e Vigo (+11), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-24). Por tanto, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 2.190; seguida da de Vigo, con 2.186; Santiago e Barbanza, con 1.795; Lugo, con 1.659; Ourense, con 1.469; Pontevedra e O Salnés, con 1.289; e á cola segue a de Ferrol, con 1.070.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres, 8 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos sitúase en 775,53 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se reduce a 420,17.

VÍTIMAS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.262, despois de notificar Sanidade este martes outros oito falecementos rexistrados en tres xornadas pasadas, todos de persoas con patoloxías previas. En concreto na ádea de Lugo, o 8 de abril morreu unha muller de 87 e o día 9 de abril faleceu un home de 88 anos. Tamén o 10 de abril perdeu a vida un home de 78 anos na área lucense.

ÚLTIMAS

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...

Denunciados en Lugo seis condutores con alcoholemia positiva, un deles tras ausentarse dun accidente

A Policía Local de Lugo formulou denuncias nos últimos días contra media ducia de...

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...