InicioSucesosA Policía Local de Lugo paraliza unha actuación de estríper o fin...

A Policía Local de Lugo paraliza unha actuación de estríper o fin de semana

Levantouse acta a varios establecementos por quebrantamento de horario de peche.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo paralizou unha actuación de stríper que fora anunciada a través de redes sociais, xunto con actuación de DJ, nun establecemento de Camiño Real. Segundo explican a Policía no seu parte de fin de semana, tras detectarse o anuncio ‘Show de estreeper’ en redes sociais, realizouse unha inspección ao local.

Ao non contar coas autorizacións, notificóuselle ao responsable que se abstivese da celebración de calquera tipo de espectáculo, posto que carecía das condicións e autorizacións pertinentes.

Ademais, na madrugada do 2 de abril, os efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo continuaron co plan de inspección e levantaron acta a tres establecementos da rúa Catedral por exceder o horario límite establecido, ao estar despois das 5,00 horas abertos cando debían pechar as súas portas ás 4,30.

Tamén se levantaron actas de denuncia por infracción da Lei de Saúde de Galicia nun dos locais en que se facía uso dunha cachimba no interior do local e os camareiros non usaban a máscara. Na rúa Galicia foi denunciado un local tamén por exceder o horario de peche, en noites diferentes, xa que estaba aberto ás 5,25 horas e debía pechar ás 5,00.

Finalmente, segundo o resumo achegado pola Policía Local, tamén se levantou unha acta de quebrantamento de horario de apertura a un local de lecer nocturno situado na zona de Augas Férreas.

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...