InicioEconomíaTransportistas de Lugo asumen unhas "perdas cuantiosas" pola folga do transporte

Transportistas de Lugo asumen unhas “perdas cuantiosas” pola folga do transporte

Celebra que empece desde hoxe "a aplicarse" a rebaixa nos combustibles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A patronal do transporte en Lugo, Tradime, asume unhas “perdas cuantiosas”, que se suman ás derivadas da subida do gasoil, tras case tres semanas de folga no sector. O vicepresidente de Tradime, José Fernández, afirmou este venres que do paro “practicamente non hai nada”, e fixo fincapé en que pola súa banda “se valoraron os acordos obtidos polo comité (Nacional do Transporte) xunto coa súa articulación”.

“Non é a chave das noces (o acordo), porque é un traballo que temos que facer durante estes meses de concienciar aos nosos cargadores que nos teñen que repercutir no prezo o incremento de custos”, subliñou. “Xa temos as ferramentas, como é a cláusula do gasoil, para podelo facer e agora coas axudas do goberno pornos a traballar con normalidade”, destacou Fernández.

Da baixada do gasóleo, o vicepresidente de Tradime celebrou que empezou desde hoxe “a aplicarse”. “Hai algunha medida que hai que articular como son as axudas directas que temos para os camións”, inidicou. José Fernández si que asumiu, tras o paro, que “as perdidas son cuantiosas”. “O problema dos paros é que ninguén sae gañando e todos saímos perdendo”, sentenciou.

COMBUSTIBLE E LUZ

“Xa estabamos a perder polo incremento dos prezos do combustible, pero tamén perden os nosos cargadores polo prezo da luz”, esgrimiu. “A situación é complicada. Agora tócanos remar a todos na mesma dirección para saír desta”, concluíu o vicepresidente de Tradime, José Fernández.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...