InicioSucesosDetención do home acusado de violar á súa compañeira de piso o...

Detención do home acusado de violar á súa compañeira de piso o pasado domingo

A muller chamou á primeira hora da mañá ao 112 para pedir axuda. Aseguraba ser vítima dunha agresión sexual cometida polo seu compañeiro de piso e ter dificultades para lembrar o acontencido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detivo este luns ao home acusado de violar á súa compañeira de piso o pasado domingo na cidade de Lugo. O individuo permanecía buscado desde o domingo, cando a suposta vítima, de nacionalidade estranxeira, denunciou os feitos en comisaría.

A muller chamou á primeira hora da mañá ao 112 para pedir axuda. Aseguraba ser vítima dunha agresión sexual cometida polo seu compañeiro de piso e ter dificultades para lembrar o acontencido.

Ademais de mobilizar unha ambulancia, a central de emerxencias informou do sucedido á Policía Nacional, que se trasladou á vivenda onde residía a vítima e o suposto agresor, situada na contorna da catedral.

Desde ese momento iniciouse un operativo para dar co paradoiro do home, que foi localizado e detido na mañá deste luns. A investigación está baixo segredo de sumario.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...