InicioSucesosUnha muller denuncia unha agresión en Lugo por falar en galego

Unha muller denuncia unha agresión en Lugo por falar en galego

Aconteceu nun local de hostalaría. Segundo a vítima, o home colleuna fortemente polos brazos, ameazouna e sacoulle unha foto co seu móbil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller denunciou en Lugo a agresión por parte dun home nun local de hostalaría tras recriminarlle este que utilizase o galego, segundo informa a Policía Local. Sobre as 05,15 horas do domingo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprazouse á un local de hostalaría da rúa Milagrosa pola suposta agresión a unha muller.

Á súa chegada, esta indicoulles que estaba cunha amiga nun bar da zona falando en galego, momento no que se lle achegou un home que comezou a recriminarlle utilizar este idioma, colléndoa fortemente polos brazos, ameazándoa e sacándolle unha foto co seu teléfono móbil.

Os policías procederon a realizar unha batida pola zona e localizaron esta persoa na Avenida da Coruña. Procederon á súa identificación e instruíronselle dilixencias en dependencias policiais por estes feitos, quedando á espera de que a agredida formalice a correspondente denuncia, precisa a Policía Local.

Por outra banda, sobre as 06,00 horas do día 19 unha patrulla desprazouse a un local de lecer nocturno da rúa da Cruz, xa que unha persoa quedara encerrada no interior do local. Os axentes comprobaron que quedou durmida no baño, polo que se localizou ao xerente do establecemento para poder sacalo.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...