InicioLugo e contornaLugoAcusan ao Concello de Lugo de discriminación de xénero por negar un...

Acusan ao Concello de Lugo de discriminación de xénero por negar un plus a unha traballadora por baixas maternais

O sindicato lembra que o Concello, "malia estar obrigado", aínda non asinou coa representación legal dos traballadores e traballadoras un plan de igualdade para todo o persoal municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras denunciou un suposto caso de discriminación por razón de xénero no Concello de Lugo, onde, explican, a unha traballadora se lle negou a percepción do complemento de produtividade porque se excluíu do cálculo o tempo que estivo de baixa por risco durante o embarazo e o posterior permiso de maternidade.

CCOO sinala que esta exclusión é “contraria a dereito” e constitúe unha discriminación por razón de xénero que, ademais, “vai en colisión coa lexislación que protexe as situacións de embarazo e maternidade”.

O sindicato lembrou que “numerosas” sentenzas estatais “consagran” o dereito das mulleres a percibir os complementos a que terían dereito durante o tempo de baixa médica por embarazo ou de maternidade. “O contrario constitúe unha discriminación, xa que só as mulleres están suxeitas a este tipo de situacións”, destaca o sindicato.

Consideran ademais “anómalo” que a esta traballadora se lle negue un dereito que, “pola contra”, si lle foi recoñecido a outras compañeiras en casos similares, o que remarca a discriminación, inciden.

O sindicato instou ao Concello de Lugo a “reconsiderar” a situación e que non “obrigue” á afectada a acudir á vía xudicial para que se lle recoñezan os seus dereitos”.

Lembran ademais que o Concello, “malia estar obrigado”, aínda non asinou coa representación legal dos traballadores e traballadoras un plan de igualdade para todo o persoal municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...