InicioDeportesO Breogan declara día do clube o derbi contra o Obradoiro

O Breogan declara día do clube o derbi contra o Obradoiro

Disputarase o sábado 26 de marzo ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Río Breogán iniciou este mércores 16 de marzo ás 11:00 horas a venda de entradas para o derbi galego da Liga Endesa co Monbus Obradoiro, que se disputará o sábado 26 de marzo ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo e foi declarado día do clube, polo que os abonados terán que pasar polo despacho de billetes.

Os socios do club lucense terán prioridade á hora de adquirir os billetes para o partido co outro galego da máxima categoría. O suplemento para abonados terá prezos de 14 euros para os senior, 10 para estudantes e veteranos e 8 para menores de 18 anos.

Os socios poderán adquirir as súas localidades ata o día do partido e, ademais, a partir do venres e ata o martes 22 ás 23:59 horas, poderán comprar máis entradas a prezo reducido: 25 euros para maiores de 18 e 15 para menores desa idade.

Finalmente, desde o mércores 23 ata fin de existencias, as entradas para público xeral despacharanse a 35 euros para maiores de 18 e 25 para menores. Paralelamente, polo acordo entre clubs, o Obradoiro distribuirá algo máis de 100 entradas con prezos de 30 euros para maiores de 18 e de 20 para os menores.

“Esperamos que sexa unha festa do baloncesto galego“, indicou o director xeral do Río Breogán, Tito Díaz, nunha rolda de prensa na que sinalou que o club ten previsto que o partido ante o Barcelona o 5 de maio sexa de homenaxe ao socio.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...