InicioSociedadeGuitiriz transforma dúas vellas escolas en vivendas sociais

Guitiriz transforma dúas vellas escolas en vivendas sociais

Concello de Guitiriz e Deputación equipan as vellas escolas de Becín e Campoverde para servir como local social e fogar para refuxiados e persoas en risco de exclusión

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Guitiriz converteu as antigas escolas municipais de Becín e Campoverde en vivendas sociais con axuda da Deputación. Estas dúas institucións realizaron a dotación de equipamento e mobiliario para que as instalacións poidan albergar a familias en risco de exclusión, refuxiados e diferentes actividades veciñais.

A renovación destes espazos propiedade do Concello foi presentada durante a visita da rexedora, Regina Polín, o presidente da Deputación, Darío Campos, e o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos. Segundo explicou a alcaldesa de Guitiriz, “quería poñelos en valor, darlles un uso social que beneficiase ao conxunto dos meus veciños”, e con tal fin pediu a colaboración da autoridade provincial.

“Queremos dar facilidades para iniciar ou retomar a vida laboral en Guitiriz, contribuíndo deste xeito a fixar poboación no noso Concello”, continuou Polín, que sinalou que o municipio chairego é un dos poucos da provincia que supera os 5.000 habitantes, o que lle permite manter unha serie de servizo públicos de gardería, almorzos saudables, escola de música, actividades deportivas e culturais.

En Becín, acondicionouse por completo o edificio municipal. Na planta baixa habilitouse un local social que empregan os veciños para ensaios musicais, reunións e outras actividades.  Na planta alta, construíuse unha vivenda que o Concello puxo a disposición de familias en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social. Dende hai semanas, vive na mesma unha parella con un neno; durante os seis primeiros meses, ata que a familia mellore a súa situación laboral e persoal, non pagan nada polo aluguer. Posteriormente, farán unha achega económica “simbólica”, explicou a rexedora.

Pola súa banda, Campoverde foi reformada por completo. Quedou a disposición de refuxiados, pois o Concello de Guitiriz, xunto co de Lugo, foron os únicos da provincia que confirmaron esta disposición para acoller os desprazados polos conflitos e crises humanitarias. De non servir a este propósito, Polín avanzou que tamén se ofrecerá a familias, coma no caso de Becín. De feito, xa se interesou pola mesma unha familia que traballa nunha explotación gandeira e busca un lugar onde vivir preto do seu traballo.

Outros inmobles municipais con uso social

Guitiriz recuperou, tamén con axuda da Deputación, a Casa dos Peóns Camiñeiros, transformándoa nun centro de día público, que dará servizo a 12 maiores do municipio. Asemade, o Concello mantén alugado un local para ofrecer esta prestación. Entre as administracións local e provincial converterán a Casa da Botica, outro inmoble municipal, nunha residencia pública con capacidade para outros 52 veciños.

ÚLTIMAS

Tatiana Badiola, a moza que visibiliza o ELA cun videoclip e a axuda da IA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a infancia...

O Concello de Lugo determina que “non existiu acoso” por parte da concelleira de Cohesión Social cara as traballadoras

O Concello de Lugo determinou que "non existiu acoso laboral" por parte da concelleira...

Condenado un home por abuso sexual a unha vaca preñada en Castro de Rei

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo condenou a un home ao pagamento...

Cae unha banda especializada en roubo de cobre que operaba entre Lugo e Asturias

A Garda Civil detivo na provincia de Lugo ao seis integrantes dunha banda especializada...