InicioLugo e contornaCastroverdeOs veciños de Castroverde chegan á fronteira con Ucraína tras tres días...

Os veciños de Castroverde chegan á fronteira con Ucraína tras tres días de viaxe

"Aquí prima a desesperación", aseguran.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous veciños do Concello de Castroverde que marcharon a Polonia a buscar refuxiados ucraínos xa se atopan na fronteira, onde se comprometeron con seis membros dunha mesma familia a traelos a España. Héctor Pérez explicou que chegaron xa a “Melica, na fronteira de Polonia con Ucraína”, logo de emprender a viaxe o pasado luns. Sobre a situación alí, o empresario lucense acreditou que ven “moitos refuxiados”, xa que “é un punto ao que chegan en autocares”.

Con dous coches, os dous veciños de Lugo contan con oito prazas para a volta a España, e xa completaron seis, porque contactaron con eles “seis membros dunha mesma familia”. “Temos seis que van para Madrid. Chamoume unha muller onte á noite que vive en Madrid, que a familia quedou tirada co coche. Van seis persoas, é un coche moi vello”, describe. Héctor Pérez relatou que lle pediron que “se lles facía o favor de achegalos a España”. “E xa lles dixemos que se e que sen ningún tipo de problema”, apuntou. A idea da viaxe xurdiulles “vendo as noticias”, subliña o veciño de Castroverde. “Estabamos a ver iso e sentiamos que tiñamos que facer algo respecto diso e collemos o coche”, apunta.

“DESESPERACIÓN”

Sobre a situación na zona, Héctor Perez explicou que “agora mesma prima a desesperación” sobre a “tristura”. “A xente está con ganas de facelo o máis rápido posible. Agora mesmo ninguén está a pensar no que deixou. Probablemente o pensen cando estean establecidos, pero agora mesmo queren porse a salvo das bombas”, sentenciou.

Unha vez que contacten con esa familia, teñen previsto a viaxe de volta a España. Héctor Pérez confía que ao mediodía de hoxe xa o teñan todo preparado para o regreso e deixar a este seis persoas en Madrid. Por diante quédanlles trinta horas de viaxe.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Agresión a tres funcionarios na prisión de Monterroso, un deles tivo que ir ao PAC

Un preso do centro penal de Monterroso agrediu a tres funcionarios da prisión, en...

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....