InicioEconomíaO Concello de Lugo activará un proxecto de investimentos con capital risco...

O Concello de Lugo activará un proxecto de investimentos con capital risco para “transformar” o municipio

A estratexia 'Lugo Transforma', con máis de 12 millóns de euros, botará a andar "en abril".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou a estratexia ‘Lugo Transforma’, que consistirá na entrada de capital municipal en empresas a través do fondo de investimento Torsa con máis de 12 millóns de euros, botará a andar “en abril”.

Lara Méndez compareceu este martes ante os medios informar o regulamento deste proxecto, que foi rexistrado o pasado luns no concello. “O que queremos é seguir adiante con ese proxecto que vai ser esencial no desenvolvemento da estratexia Lugo Transforma. Damos un paso máis, paso que é imprescindible para mobilizar os 12 millóns de euros de investimento municipal, a maior da nosa historia a través desa constitución dun fondo público emprendedor”, detallou.

O obxectivo é captar “novos investimentos con destino á cidade, con capacidade de atraer empresas e crear emprego estable e de calidade” a través da entrada temporal do concello “nos distintos proxectos empresariais, innovadores, baixo a modalidade de fondo de capital risco”, concretou.

Lara Méndez celebrou “a enorme expectación que xera” dita iniciativa “pioneira en Galicia a nivel municipal”, porque, a pesar de aínda non ser constituído formalmente, xa existen sobre a mesa 27 proxectos empresariais.

Son empresas que abarcan “os sectores da alimentación, da saúde, mobilidade, enerxía, xestión de residuos, aeronáutica, dixitalización, sector forestal e lácteo, proxectos procedentes de toda Galicia así como doutras comunidades como é o caso de Madrid, que buscan crecer en Lugo”, apuntou a alcaldesa.

Méndez reiterou que esta estratexia “trata de atraer e consolidar pequenas e medianas empresas que propicien un alto impacto social e ambiental no municipio nun prazo de cinco anos”.

A prioridade para acceder aos fondos, que non superará o dez por cento dos 12 millóns para unha mesma iniciativa, cínguese a proxectos relacionados con “tecnoloxía, biotecnoloxía, farmacia, biocombustible, loxística intelixente ou sector forestal”.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...