InicioLugo e contornaLugoLara Méndez reclama que os abusos da Igrexa non queden impunes

Lara Méndez reclama que os abusos da Igrexa non queden impunes

"Calquera delito ten que ser investigado", apuntou ao ser preguntada polas investigacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo e vicesecretaria do PSdeG-PSOE, Lara Méndez, reivindicou este martes que ningún delito quede “impune” en relación aos abusos a menores no seo da Igrexa. Cuestionada polas declaracións nas que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non se mostraba partidario de investigar só á Igrexa, Méndez sostivo que “calquera delito ten que ser investigado”. “Sobre todo cando falamos de que afecta os nenos e nenas da nosa sociedade”. “Non debe quedar ningún delito impune”, dixo.

Sobre se en Galicia debe de intervir a Valedora do Pobo, a número dous do PSdeG reiterou que “máis aló de quen faga a investigación oportuna, a realidade é que non debe de quedar impune ningún abuso sexual producido a ningún neno e nena”. Precisamente, na xornada do luns, o portavoz do PSdeG no parlamento, Luís Álvarez, censurou a “soidade” de Feijóo en canto ao seu posicionamento sobre os abusos a menores no seo da Igrexa, unha cuestión “gravísima” na que dixo que “non caben posturas mornas nin intentos de difuminar o enfoque”.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...