InicioLugo e contornaLugoLugo ten máis pacientes covid en UCI que Vigo

Lugo ten máis pacientes covid en UCI que Vigo

A área lucense suma nove pacientes críticos malia estar entre as demarcacións con menos casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de persoas con Covid en Galicia volveu a reducirse nas últimas horas e sitúase en cifras de principios de xaneiro (cando a ‘sexta onda’ da pandemia estaba en pleno crecemento), con 49.376 casos activos, mentres que tamén baixaron os novos contaxios diarios. Segundo os datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18,00 horas do martes, o número de infeccións activas reduciuse en 2.185 na última xornada, e baixou en todas as áreas sanitarias.

Así, a de Vigo ten 12.161 casos (731 menos), a da Coruña-Cee ten 10.790 enfermos con Covid (433 menos), a área de Santiago ten 8.895 casos (220 menos), na área de Pontevedra hai 5.287 enfermos (195 menos). No caso da área de Lugo, rexístranse 5.107 infeccións, 258 menos que na xornada anterior. Todo isto despois de que a demarcación lucense rexistrara 358 positivos máis nunha soa xornada, fronte aos máis de 700 da Coruña e Vigo. Con todo, segue a haber áreas de menor incidencia, como a de Ourense –con 4791 casos– ou Ferrol 2.345 casos activos–.

PRESIÓN HOSPITALARIA

En canto á presión hospitalaria, Sanidade confirmou un leve repunte na ocupación da UCI, con 3 ingresados máis, de maneira que hai 48 pacientes con Covid en coidados críticos. Os enfermos en camas convencionais, por contra, baixaron de 656 a 646. Na área da Coruña está o maior número de enfermos graves, con 11 pacientes en UCI (sen cambios); na área de Lugo seguen 9 enfermos en coidados críticos; na área de Santiago hai 7 pacientes nestas unidades (un menos); nas áreas de Pontevedra e Vigo seguen 6 pacientes en UCI, os mesmos que en Ourense (onde subiron en 2); e na área de Ferrol hai 3 pacientes en UCI (2 máis).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

O número de falecidos desde o inicio da pandemia superou xa os 3.000 en Galicia, con 3.008 decesos, ao confirmarse a morte doutros 21 enfermos con Covid nos últimos días. Trátase de persoas de entre 68 e 100 anos de idade, todos con patoloxías previas, segundo informou o Sergas.

Mentres, 406.714 persoas superaron a enfermidade, das que 5.359 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Así mesmo, realizáronse en Galicia máis de 3,6 millóns de probas PCR, e outros case 3 millóns de test de antíxenos e doutro tipo. O índice de positividade das probas PCR sitúase este mércores no 16,7 % (a OMS fixa no 5 % o límite para dar por controlada a pandemia).

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...