InicioLugo e contornaLugoOs romanos e castrexos serán os protagonistas do cartel do 'Arde Lucus...

Os romanos e castrexos serán os protagonistas do cartel do ‘Arde Lucus 2022’

As bases para participar no concurso no que se elixirá o cartel anunciador das festas xa son públicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, deu a coñecer esta mañá as bases que rexerán o concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lucus 2022. Tal e como anunciou,  a obra gañadora do concurso, ademais de converterse no cartel anunciador, recibirá un premio de 1.500 euros. Segundo avanzou Repetto, no concurso teranse en conta que os deseños reflexen o espíritu da festa Arde Lucus, facendo especial fincapé na “reconstrucción histórica e a volta da cidade a época da súa fundación, tendo en conta a romanos e castrexos como protagonistas”.

Doutra banda, o concelleiro sinalou que as obras presentadas serán exhibidas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se fará unha votación popular da que se seleccionarán aquelas que logo serán sometidas á votación do xurado. “Unha vez realizada a primeira escolla, de forma on- line, seleccionaranse 10 carteis se o número total de traballos non supera os 50 e, no caso de que se houberan presentado máis de medio cento, entón elixiranse, a maiores dos 10 máis votados, o 10% do número total de obras presentadas”, explicou o concelleiro.

O prazo para a votación estará aberto desde as 12:00 horas do 5 de marzo ata as 12:00 horas do día 12 dese mes. Unha vez feito o reconto de votos, a selección farase pública a través das redes sociais oficiais do Arde Lucus e da propia web da festa e do Concello de Lugo. O Concello seleccionará un xurado formado por tres persoas expertas que será o encargado de seleccionar a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular o día 7 de marzo, ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.

As bases completas estarán dispoñibles para todas as persoas interesadas na páxina oficial, na web municipal, ou no teléfono de atención cidadá 010.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...