Home Lugo e contorna Lugo Detido un home por agresión á súa parella en Lugo

Detido un home por agresión á súa parella en Lugo

0
Detido un home por agresión á súa parella en Lugo
Control da Policía Local de Lugo. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo a un home por agresión á súa parella na rúa Río Lor, segundo informa este corpo policial. Un operativo trasladouse de noite tras un aviso. Á súa chegada, comprobaron que había varios veciños no corredor e que se escoitaban berros no interior da vivenda.

Ao efectuar varias chamadas á porta, foron recibidos pola muller, que presentaba un alto estado de nerviosismo, ademais de arañazos e hematomas, manifestando que fora agredida pola súa parella, que tamén se atopaba presente e dicía que simplemente discutiran. Os policías procederon á detención do individuo, de 29 anos.

ROUBO

Por outra banda, durante a noite do venres ao sábado, os axentes de Policía de Barrio desprazáronse a unha rúa do polígono industrial do Ceao onde unhas persoas tentaban subtraer a porta metálica de acceso ao recinto dunha empresa. Á súa chegada, atoparona desmontada e tirada no chan.

+ posts