InicioLugo e contornaLugoO PSOE acusa á Xunta do "déficit" de prazas en residencias de...

O PSOE acusa á Xunta do “déficit” de prazas en residencias de Lugo

Pídenlle que impulsen un modelo de residencias públicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Socialista defenderá no pleno da Deputación de Lugo que se celebrará o martes unha moción na que reclama á Xunta que desenvolva unha rede de residencias públicas que resolva o actual déficit de máis de 14.000 prazas neste tipo de centros que existe en Galicia.

Os socialistas lucenses instan o Goberno galego a cumprir deste xeito co cociente recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) de cinco prazas de residencias por cada 100 persoas maiores de 65 anos.

Na proposta, o PSOE de Lugo solicita ao Goberno galego que “asuma as súas obrigas competenciais” e, cando menos, “financie a rede de residencias públicas da Deputación de Lugo”, ademais de “mellorar o desenvolvemento do sistema de servizos para garantir que os dereitos dos cidadáns se convertan nunha cobertura real das necesidades”.

Os socialistas explicaron que presentan esta iniciativa despois de que a Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais publicase un informe no que constata que Galicia ten un déficit de 14.331 prazas en residencias, segundo o cociente de cinco prazas por cada persoa de máis de 65 anos que recomenda a OMS.

O PSOE de Lugo sinala que, segundo os datos desta asociación, Galicia é a terceira comunidade cun maior déficit en prazas de residencias públicas, ocupando o posto número 13 no desenvolvemento do sistema de servizos sociais.

“Mentres que a Xunta non abriu nin unha soa residencia pública nos doce anos de Goberno de Feijóo”, os socialistas destacan que a Deputación de Lugo, con menos orzamento e sen ter as competencias na materia, abriu sete centros públicos de atención a maiores “sen recibir nin un euro da Xunta, nin para a construción nin para o funcionamento”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación estende aglomerado no Corgo sobre o cinto comarcal de estradas

  A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana o estendido do aglomerado en...

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PPdeG propón unha declaración institucional para condenar a vandalización do busto de Manuel Fraga en Vilalba

O PPdeG enviou ao resto de grupos parlamentarios unha proposta de declaración institucional para...