InicioLugo e contornaAberto o prazo de inscrición para a segunda tempada de 'Coñece a...

Aberto o prazo de inscrición para a segunda tempada de ‘Coñece a túa provincia’

Mantén os 37 itinerarios do ano pasado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu o prazo de inscrición para a segunda tempada de ‘Coñece a túa provincia’, programa no que ofertará un total de de 3.036 prazas, que se dividirán entre primavera (1.794) e outono (1.242).

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases da convocatoria da iniciativa que, posta en marcha en 2021, busca “fomentar o turismo de proximidade entre os veciños e veciñas para contribuír á recuperación do sector do turismo, hostalaría e comercio fronte ao impacto da pandemia”, tal e como destacou a deputada provincial Pilar García Porto.

Outro dos alicerces sobre os que sustenta esta iniciativa é a de “avanzar cara a un modelo de turismo sustentable e desestacionalizado co que atraer visitantes ao longo de todo o ano”. Do mesmo xeito que na primeira edición, todas as entidades interesadas poderán presentar unha solicitude, que terán que enviar vía telemática á sede electrónica da institución provincial, entregala no Rexistro da Deputación ou tamén nas oficinas de Correos.

UN TOTAL DE 37 ITINERARIOS

Nesta edición, mantense a oferta de itinerarios con respecto á edición do pasado ano. As asociacións interesadas poderán elixir entre 37 percorridos polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico de toda a provincia de Lugo. En total, hai oito rutas dispoñibles pola Mariña, 10 pola Ribeira Sacra, oito pola zonade Ancares-Courel e 11 pola comarca de Lugo e Terra Chá.

Cada viaxe concedida incluirá o transporte para os traslados de ida e volta, póliza de seguros, menú e entradas a diferentes lugares de interese. “Todo, gratuíto”, puntualiza Pilar García Porto, que destaca que ‘Coñece a túa provincia’ visitará aqueles lugares nos que se cumpra coas medidas de seguridade contra a Covi-19.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...