InicioSociedadeO Concello detecta dous positivos por COVID no Fogar do Transeúnte

O Concello detecta dous positivos por COVID no Fogar do Transeúnte

"Trátase de dúas persoas que, grazas á ampliación que fixemos das instalacións municipais, permanecen illadas e con sintomatoloxía controlada en todo momento nunha parte das dependencias do Fogar", explica a concelleira de Benestar Social, Olga López.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos municipais do Concello de Lugo detectaron dous positivos no Fogar do Transeúnte, segundo informa, dentro do protocolo establecido.

A edil responsable de Benestar Social, Olga López, explica que todas aquelas persoas que necesitan pasar a noite no albergue municipal deberán mostrar o certificado de vacinación ou achegar un test de antígenos negativo.

Ademais, indica que esta mañá a maior parte das persoas que dormen no Fogar do Transeúnte, ao redor dunha vintena, realizaron xa o test de forma voluntario despois de que, este mércores, fosen detectados os dous casos positivos.

“Trátase de dúas persoas que, grazas á ampliación que fixemos das instalacións municipais, permanecen illadas e con sintomatoloxía controlada en todo momento nunha parte das dependencias do Fogar”, explica. Nesta xornada, procederase ao seu traslado a un hostal para o cumprimento do confinamento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...