InicioEconomíaA Deputación formará a 400 mozos mediante o programa Reiníciate

A Deputación formará a 400 mozos mediante o programa Reiníciate

Este programa impartirase de maneira semipresencial "para facilitar que o alumnado poida recibir formación desde calquera punto da provincia", apunta o presidente da Deputación, José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa de Acompañamento á inserción laboral da mocidade ‘Reiníciate: enfoca o teu futuro’, promovido pola Deputación de Lugo e a Escola da Organización Industrial (EOI) arrincou e os mozos de entre 16 e 30 anos en paro e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil poderán formarse, sen ningún custo, en materias relacionadas coa dixitalización.

O obxectivo, apunta o presidente do goberno provincial, José Tomé, é “que un total de 400 mozos da provincia poidan acceder a profesións de alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías”. Os participantes recibirán formación en mercadotecnia dixital, redes sociais e en tarefas de auxiliar de xestión informática, xa hai cen inscritos e as formacións arrincarán a próxima semana.

Este programa, que se prolongará durante un ano, impartirase de maneira semipresencial “para facilitar que o alumnado poida recibir formación desde calquera punto da provincia”, apunta Tomé. A Deputación de Lugo e a EOI confían en que despois destas formacións “a inserción laboral chegue ao 25% dos beneficiarios e que como mínimo un centenar de mozos consigan traballo ao acabar o programa”.

Este plan de emprego, que conta cun orzamento de 1.082.950 de euros, dos cales un 85,9% foi achegado pola EOI e o 14% restante pola Deputación de Lugo, garantirá prácticas remuneradas en empresas relacionadas coas formacións.

Esta é unha continuación do plan ‘Reiníciate: dixitaliza a túa empresa’, posto en marcha o ano pasado. Tras o “éxito”, o goberno provincial confía en seguir apoiando este tipo de accións que dan” as ferramentas necesarias” para que os mozos atopen traballo “e sen ter que abandonar os seus concellos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...