InicioEconomíaLugo engánchase á compra de vehículos de segunda man

Lugo engánchase á compra de vehículos de segunda man

Houbo un aumento na compra destes vehículos na provincia de case un 7%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A venda de coches de segunda man alcanzou as 121.380 unidades en Galicia en 2021, o que supón un incremento do 4,7% en comparación con 2020, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Este incremento é inferior ao avance medio do 9% que se produce en España. O galego supón o segundo menor aumento, só por detrás de Cataluña (+3,2%). Con todo, o crecemento do mercado de ocasión contrasta co esborralle do 17,4% das matriculacións en Galicia en 2021.

Por provincias, Lugo tivo o mellor comportamento no mercado de ocasión no conxunto do ano, cunha subida do 6,78% en comparación con 2020 (16.399 vendas). En datos relativos, séguelle o crecemento do 6,4% de Ourense, con 13.559 unidades; Pontevedra (+4,38%), 43.944 turismos de ocasión; e A Coruña conta co menor incremento (+3,9%), 47.478 unidades.

No tocante ao mes de decembro, vendéronse en Galicia 11.964 turismos de ocasión, unha baixada do 17% respecto ao mesmo mes de 2020. No conxunto estatal, as vendas caeron un 5,4% en comparación co último mes de 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...