InicioTerra CháA Deputación de Lugo investirá máis de 3'7 millóns de euros nos...

A Deputación de Lugo investirá máis de 3’7 millóns de euros nos concellos da Terra Cha

Vilalba recibirá medio millón de euros e Guitiriz 446.000€.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo investirá máis de 3,7 millóns de euros nos concellos da Terra Cha a través do Plan Único 2022, que destina en total 21,5 millóns de euros para o conxunto da provincia. Este xaneiro ábrese o prazo para que cada entidad local poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais.

O presidente do goberno provincial, José Tomé, explicou que os concellos recibirán estes fondos “para o mantemento e mellora de servizos públicos e infraestruturas, para fomentar o emprego, e tamén para axudarlles a impulsar o tecido produtivo e asociativo municipal”. A Deputación destacou como novidade que simplifica a tramitación aos concellos, que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando prazos intermedios.

Tomei tamén destacou que, “por segundo ano consecutivo, as bases foron aprobadas no ano anterior –no pleno de decembro– ao seu período de vixencia”, o que supón “un fito moi importante para os concellos, porque lles permite traballar con moita maior previsión” e tamén “terán máis tempo para executar as actuacións que financian co Plan Único”.

Nun comunicado, a Deputación subliñou que os concellos poderán imputar os gastos de contratación de persoal desde primeiros de ano ao amparo do Plan Único 2022, o que favorecerá a creación de postos de traballo. Ademais, a institución provincial aplicou criterios como a poboación, a superficie ou a taxa de envellecemento para determinar a distribución dos fondos. Desta forma, fixou un máximo de 500.000 euros para os municipios con máis habitantes e de 200.000 para os de menos, sendo Vilalba o único que chega ao máximo fixado, seguido por Guitiriz con máis de 446.000 euros.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...