InicioEconomíaA Deputación de Lugo aprobará as bases do Plan Único 2022 con...

A Deputación de Lugo aprobará as bases do Plan Único 2022 con 21,5 millóns

Como novidade e avance para os municipios máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, coa eliminación de trámites intermedios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo levará este martes, 28 de decembro, a pleno a aprobación das bases do Plan Único 2022, que ascende a 21,5 millóns.

Por segundo ano, o executivo provincial saca adiante o programa de investimentos no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación.

Como novidade e avance para os municipios máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, coa eliminación de trámites intermedios.

Así, a Deputación sinala que fai, a través do Plan Único, unha distribución dos recursos públicos entre os 67 municipios da provincia con “criterios públicos e obxectivos”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

  Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón...