InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo por agredir a un taxista e a axentes da...

Detido en Lugo por agredir a un taxista e a axentes da Policía Nacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home de mediana idade, con antecedentes, como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade e dun delito de danos e lesións, tras agredir a un taxista e a funcionarios policiais.

Segundo informaron fontes da Policía, os feitos ocorreron na tarde deste martes, no barrio de Paradai, onde acudiu un taxista para recoller a un cliente, que solicitara o servizo por teléfono.

Cando o chofer chegou, recolleu a dous clientes, que lle pediron que os levase a un barrio nos arredores da cidade e mostráronlle o diñeiro en metálico, para abonar a carreira, polo que o taxista emprendeu a marcha.

Con todo, unha vez de camiño, un dos clientes manifestou que non ía pagar o servizo e empezou a insultar e golpear ao condutor, que detivo o taxi e chamou ao 091. Nese momento, o outro ocupante do vehículo abandonou o lugar, mentres que o segundo home mantivo a súa actitude agresiva.

Cando chegaron os axentes, comprobaron que a porta do taxi presentaba danos e estaba abolada polos golpes propinados polo sospeitoso, que continuaba tentando agredir ao condutor.

A pesar de que os axentes tentaron acougalo, o home seguiu golpeando o taxi, así como un valo que había na rúa. Cando os funcionarios trataron de evitar eses golpes, o home tamén os agrediu, polo que acabou inmobilizado e detido.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...