InicioEconomíaA Deputación de Lugo destina máis de 1 millón de euros a...

A Deputación de Lugo destina máis de 1 millón de euros a un novo plan de emprego para mozos no rural

"Temos que axudar ao rural porque a nosa provincia é eminentemente rural", destaca o presidente provincial, José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinará máis dun millón de euros a un novo plan de emprego xuvenil que se vai a centrar no rural da provincia de Lugo.

A iniciativa foi presentada este xoves polo presidente provincial, José Tomé, quen destacou que este programa permitirá que “400 mozos poidan atopar un emprego ou, polo menos, mellorar as súas capacidades para ter ese emprego”.

“Sobre todo nunha provincia como a nosa, que é eminentemente rural e onde se queremos conservar a poboación no rural temos que basearnos en dúas cuestións: oportunidades de emprego e achegar os servizos públicos. Si temos emprego e servizos a xente pódese quedar no rural”, sinalou.

Tomé subliñou que isto “supón outro proxecto máis para conseguir a empregabilidade dos mozos na provincia de Lugo, sobre todo de cara ao rural, cun investimento de algo máis dun millón de euros”.

O presidente da Deputación lembrou que o “rural e o emprego” son parte da “folla de ruta” que se marcou cando iniciou o mandato. “Temos que axudar ao rural porque a nosa provincia é eminentemente rural, mesmo a capital da provincia que conta con 54 parroquias ao seu redor”, destacou.

A iniciativa, denominada Plan de Acompañamento á Inserción laboral da mocidade, diríxese a “desempregados da provincia, de idades comprendidas entre 16 e 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...

O PSOE denuncia que Candia busca “intentar borrar máis dunha década de avances ambientais en Lugo”

O portavoz socialista, Miguel Fernández, denunciou hoxe que o denominado "plan intensivo de limpeza"...