InicioSociedadeAdxudicada pola Deputación a compra de dúas máquinas compactadoras para a mellora...

Adxudicada pola Deputación a compra de dúas máquinas compactadoras para a mellora de estradas provinciais

Así o avanzou a portavoz socialista do goberno da Deputación, Pilar García Porto, quen detallou que o contrato suporá un custo de case 2.000 euros para a adquisición destes equipos, máis outros 1.500 para a retirada doutras dúas máquinas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación dun contrato de compra de dúas máquinas compactadoras, que se ocuparán “do mantemento e mellora das vías provinciais”.

Así o avanzou a portavoz socialista do goberno da Deputación, Pilar García Porto, quen detallou que o contrato suporá un custo de case 2.000 euros para a adquisición destes equipos, máis outros 1.500 para a retirada doutras dúas máquinas.

“Esta nova maquinaria vai servir para dar un mellor servizo nas obras en estradas, vainos a servir para acelerar o proceso de compactación na terra grazas aos diferentes rodetes que levan incorporados“, puntualizou.

Ademais, a xunta de goberno acordou, na reunión semanal do goberno provincial, outro tres contratos: máis de 25.100 euros para a adquisición dun grupo electrógeno para dar cobertura á granxa Gayoso Castro; máis de 43.500 euros para fornecer pneumáticos aos vehículos do parque móbil e da granxa Gayoso Castro; e saída a licitación a subministración de mobiliario de diferentes servizos da Deputación por importe de 91.960 euros.

“Este último contrato trátase de mesas, librarías, armarios, cadeiras, paragüeros, taboleiros ou lámpadas de mesa que se entregarán na totalidade de servizos desta casa, a fin de renovar o mobiliario e cumpra coa normativa de prevención”, enumerou a deputada provincial.

Así mesmo, García Porto concluíu que tamén “se aprobou a prórroga a Tragsa por un período de tres meses”, así como un importe de 231.000 euros para o servizo de limpeza dos distintos edificios e dependencias da institución provincial.

ÚLTIMAS

San Froilán 2025 amplía o seu cartel con novos artistas nacionais e internacionais

A área de Cultura do Concello de Lugo fixo pública esta mañá de luns...

Un peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un cristal coa cabeza

Un peregrino de nacionalidade inglesa resultou ferido na tarde do domingo en Sarria despois...

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

O PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días un expediente sancionador contra o Pub Las Palmeras

O grupo municipal do Partido Popular volveu reclamar este luns ao Goberno local unha solución...