InicioLugo e contornaLugoLugo entrega a 'Medalla de Ouro' aos sectores esenciais polo seu labor...

Lugo entrega a ‘Medalla de Ouro’ aos sectores esenciais polo seu labor no primeiro estado de alarma

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, enxalzou a "valentía" destes cidadáns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo entregou este martes a máxima distinción da cidade, as ‘Medallas de Ouro’, aos sectores esenciais que estiveron en primeira liña e de forma presencial durante o primeiro estado de alarma da pandemia.

No acto entregáronse as distincións de 2020 e 2021, despois de que o ano pasado non se puidese realizar pola situación sanitaria. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a “valentía” destes cidadáns que “se converteron no fío condutor que mantiña aos veciños en contacto co mundo exterior”.

A rexedora subliñou que nesta entrega querían reflectir unha “representación máis diversa e plural da sociedade lucense” como sinal de gratitude para toda a cidadanía polo seu comportamento durante a pandemia.

Os galardoados do ano 2020 foron o sector sanitario, o alimentario, os transportistas, o sector da limpeza, as farmacias, os distintos corpos policiais locais, autonómicos e nacionais; as forzas armadas e os servizos de atención social. Na condecoración de 2021, o recoñecemento estendeuse aos servizos esenciais e presenciais do Concello de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

Denuncian un veciño de Lugo por depositar restos de obra en contedores de lixo doméstico

A Policía Local de Lugo denunciou ao responsable dunha vertedura ilegal na cidade, que...