InicioSucesosO xulgado de Lugo remata a investigación do crime do Cash Record...

O xulgado de Lugo remata a investigación do crime do Cash Record con “serios indicios” de que o procesado sexa o asasino

Destaca que foron practicadas "cantas dilixencias se estimaron necesarias para a comprobación do delito, participación que tivo o procesado e as circunstancias que na súa comisión concorreron".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo –antigo xulgado de instrución– concluíu a investigación do dobre crime do Cash Record, sucedido hai 27 anos no polígono do Ceao, no que faleceron tiroteados unha caixeira e un repoñedor do establecemento, e atribúe ao procesado “serios indicios” de participar nos asasinatos.

Nun auto con data do 23 de novembro, acorda remitir o sumario á Audiencia Provincial. A xuíza indica que, das dilixencias practicadas, despréndese: “A existencia de serios indicios racionais de criminalidade, que permiten, coa provisionalidade propia do momento procesual en que estamos, atribuír ao procesado a súa participación na comisión de dous delitos de asasinato, un delito de roubo con violencia nas persoas e un delito de tenencia ilícita de armas”.

Ademais, destaca que foron practicadas “cantas dilixencias se estimaron necesarias para a comprobación do delito, participación que tivo o procesado e as circunstancias que na súa comisión concorreron”.

O xulgado desestimou o pasado mes de setembro o recurso interposto contra o auto que procesaba ao único investigado polo dobre crime. Nesa resolución, a xuíza destacaba que os feitos non están prescritos, xa que en 2013 emitiuse un auto no que se acordou a intervención das comunicacións telefónicas do sospeitoso.

Ademais, sinalou que desde a súa primeira declaración como investigado, en decembro de 1996, ata a actualidade “en ningún momento pediuse o sobresemento ou arquivo das actuacións respecto da súa persoa, nin se cuestionaron as dilixencias practicadas no sumario, polo que non é incongruente manter o procesamiento”.

O auto recolle que se deben emprazar ás partes nun prazo de 10 días na Audiencia Provincial de Lugo. Deste xeito, a causa queda a un paso da apertura de xuízo oral contra o investigado.

CASO

Estes feitos remóntanse a un atraco sucedido o 30 de abril de 1994, sobre as 20,00 horas, nas instalacións do Cash Record do Ceao. Unha caixeira, Elena López, e un repoñedor, Esteban Carballedo, faleceron tiroteados no roubo. O autor do crime abandonou o establecemento cun botín de 5 millóns de pesetas (30.000 euros).

O investigado por esta causa, ao que as familias das vítimas sinalan desde hai anos como responsable, é un hostaleiro de Burgos que, no momento dos feitos, rexentaba un bar na Rúa Nova da cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

O PP di que “o grande éxito de Miguel Fernández son nove meses de xestións para cambiar un tren de hora”

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con...